IniciosociedadeComeza o Mercado Renacentista de Viveiro

Comeza o Mercado Renacentista de Viveiro

Os xogos populares para os nenos previos ao desembarco ou a actuación do coro Tempus Fugit, cun repertorio renacentista, son as novidades da cita

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves arrinca a décimo primeira edición do Mercado Renacentista de Viveiro, que ata o día 7 fará volver á cidade ao Renacemento por unha fin de semana.

O xoves comezan as actividades en torno da Praza Maior e pola noite haberá tapeo en trece establecementos: Cornelius, Los Leones, O Muro, O Calviño, Casa Pepi, La Quinta, O Recuncho, El Garaje, O Rincón do Tronco, Normandy, Hotel Urban, Arume e Mesón da Ría.

Os actos máis relevantes comezarán o venres. Como novidade, os nenos poderán desfrutar de xogos populares antes do desembarco de Carlos V, que será ás 21.00 horas na praia de Covas, co posterior desfile cara a Praza Maior.

Programa do evento. AXM

Para o sábado quedan os multitudinarios xantares no casco histórico, que ateigarán a zona vella da cidade. Antes, o grupo coral Tempus Fugit interpretará un repertorio da época renacentista polas rúas de Viveiro.

O domingo seguirán ata a noite as actividades para grandes e pequenos, que contarán cun recuncho infantil durante os días da celebración.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe...

Presentación do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais en San Cibrao

O Museo Provincial do Mar de San Cibrao acollerá o vindeiro sábado 21 de...

Continúa a Semana da Infancia en Burela con actividades para todos e todas

A Semana da Infancia organizada polo Concello de Burela continúa esta semana co desenvolvemento...

Presentado o plan de salvamento e seguridade en Ribadeo para este verán

Ribadeo presentou hoxe o Plan de Salvamento e Seguridade para este verán e procedeu...