IniciosociedadeDúas mestras do Ceip de Cervo participan nun encontro internacional en Portugal

Dúas mestras do Ceip de Cervo participan nun encontro internacional en Portugal

Dentro do proxecto Erasmus +, a xuntanza serviu para profundizar en varias ferramentas pedagóxicas

Publicada o

- Advertisement -

Dúas mestras do CEIP de Cervo participaron na segunda reunión transnacional do proxecto de Erasmus+ ‘Creating, Communicating, Our Diversity we are Celebrating’. A xuntanza celebrouse en Marco de Canaveses, Portugal.

Durante a xuntanza, os participantes estableceron novas liñas de traballo e actuación para o seguinte curso académico e tomaron decisións con respecto á avaliación deste primeiro curso.

Ademais, os docentes profundizaron no uso de novas ferramentas pedagóxicas, como eTwinning, unha aprendizaxe para a que contaron coa coordinadora e embaixadora do proxecto, Magdalena Goc. Os mestres tamén traballaron sobre Mobility Tool, así coma Stop Motion.

EN OUTUBRO, INTERCAMBIO

Dúas alumnas do Ceip de Cervo participaron no pasado mes de maio nun encontro de escritura creativa impulsado por este programa, e celebrado en Tesalónica, Grecia. No mes de outubro, o intercambio terá lugar no centro cervense.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...