IniciosociedadeLicitado o arranxo da Casa do Conserxe do IES de Mondoñedo, que...

Licitado o arranxo da Casa do Conserxe do IES de Mondoñedo, que ofrecerá novas aulas para FP

O edificio, cuxa rehabilitación custará 94.000 euros, acollerá tres novas clases e unha polivalente

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo anunciou que a Xunta de Galicia vén de licitar por valor de máis de 94.000 euros as obras de rehabilitación da antiga Casa do Conserxe no IES San Rosendo.

Deste xeito, sinala o goberno municipal, cúmprese o acordo entre o executivo local e a Consellería de Educación, Universidade e Formación para que este departamento financiase a mencionada actuación.

As obras permitirán a posta en marcha de tres novas aulas e unha polivalente, o que pon de relevo, segundo destaca a rexedora, a popular Elena Candia, a aposta “continua e decidida” do Concello polo IES San Rosendo e pola Formación Profesional (FP) dual.

O obxectivo é “poñer en valor este edificio emblemático co fin de ampliar e dotar ao IES de máis modalidades formativas, e crear con elo novas oportunidades no eido da FP dual”, precisa Candia.

RAMA DA AGRARIA

O IES Plurilingüe San Rosendo é un centro de referencia no que atinxe á implantación da FP dual no rural, con ensinanzas da familia profesional de Agraria.

Así, este mesmo ano desenvolveuse no centro a segunda edición do ciclo de Aproveitamento e conservación do medio natural. O centro imparte, ademais, a FP básica en Agroxardinaría e composicións florais e o de grao medio en Xardinaría e floraría.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...