IniciosociedadeA CIG alerta de "risco de desmaios" pola "calor excesiva" no centro...

A CIG alerta de “risco de desmaios” pola “calor excesiva” no centro de saúde de Viveiro

O sindicato asegura que a temperatura este verán oscila entre os 29 e os 31º, por riba do máximo permitido pola normativa

Publicada o

- Advertisement -

A CIG Saúde A Mariña denunciou este mércores que no centro de saúde de Viveiro estase a rexistrar este verán “unha temperatura media de entre 29 e 31º en determinadas consultas”, situación que “incumpre a normativa legal vixente sobre as máximas autorizadas non só nun centro asistencial senón en calquera lugar de traballo”.

O sindicato nacionalista explica que o máximo estimado para o risco de tensión térmica é de 27 graos centígrados. Segundo a normativa legal vixente, expón a CIG, “a temperatura en centros onde se realicen traballos sedentarios propios de oficinas e tarefas similares deberá estar comprendida entre 17 e 27º C e naqueles onde se fagan traballos lixeiros entre os 14 e 25º C”.

Deste xeito, a central sostén que a “excesiva calor” está “a afectar a traballadores, pacientes e usuarios” e lembra que existe “un risco potencial de desmaio por estas altas temperaturas”.

A XUNTA, “CONSCIENTE”

A situación non é nova, salienta o sindicato, dado que “os profesionais levan tempo demandando unha solución para unha situación que se repite todos os veráns”. Así, asegura que a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo-Cervo-Monforte é coñecedora deste problema polas canles oficiais”.

Neste sentido, a Xerencia de Atención Primaria “dotou a este centro dunha serie de ventiladores que non resolveron o problema e a calor é insoportable”, precisan.

AMEAZAN CON DENUNCIAR

Desde a CIG esixen ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) que cumpra a lexislación vixente en materia de prevención de riscos laborais e adopte as medidas correctoras oportunas para solucionar esta situación. De non ser así, “verémonos na obriga de presentar denuncia ante Inspección de Traballo”, conclúen.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...