IniciosociedadeO PP de Ribadeo pide abrir o albergue de Vilela, pechado por...

O PP de Ribadeo pide abrir o albergue de Vilela, pechado por non contar cun ascensor

O Concello aclara que optou por non abrir o aloxamento despois de que a Xunta esixise a obra e ameazase cunha multa de utilizarse sen esta dotación

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular de Ribadeo pediu ao goberno local que “poña en marcha” o albergue de Vilela para atender “o fluxo de peregrinos do Camiño Norte que pasan polo municipio durante o verán”.

A concelleira Begoña Sanjurjo acusou ao executivo local de “abocar aos camiñantes a facer uso dos albergues privados” malia contar “cunha infraestrutura perfectamente dotada á que non se lle dá uso”.

A edil, que louvou o programa contra as violencias machistas no Camiño impulsado pola concellería de Igualdade, apuntou a necesidade de “ofrecer outros servizos aos peregrinos” e puxo como exemplo a “contratación de guías turísticos que expliquen, entre outros recursos, as pinturas da igrexa da Ponte“.

A XUNTA PEDIU INSTALAR UN ASCENSOR

O albergue de Vilela, que conta 24 prazas, está situado no primeiro andar dunha antiga escola unitaria rehabilitada en 2010.

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, explicou que “o verán pasado a Xunta de Galicia dixo que o albergue non cumpría os requisitos de accesibilidade e advertiu que o Concello se expuña a unha multa se o abría sen dotalo dun ascensor”.

“É unha obra de moita magnitude que non imos facer”, sinalou o rexedor, que tamén descartou habilitar como aloxamento a planta baixa, que se emprega como local social e de reunión da veciñanza.

Suárez Barcia indicou que as literas se seguirán empregando para aloxar grupos que veñen á localidade para participar en torneos deportivos ou outros eventos.

O nacionalista considera que Ribadeo “conta cunha oferta turística ampla, con aloxamentos de todo tipo e prezos para acoller os peregrinos”.

60 PRAZAS EN ALBERGUES

O albergue do Cargadoiro, a carón da Ponte dos Santos, con doce prazas, é o aloxamento público co que conta o municipio. Nos últimos anos, abriron os albergues privados Viruxe, con 20 prazas, e A Ponte, que oferta 28.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...