IniciosociedadeDavid Catá conquista Amarte cun mural sobre a Igrexa de Coeda

David Catá conquista Amarte cun mural sobre a Igrexa de Coeda

A Feira do Bonito pechou unha exitosa trixésimo quinta edición cunha degustación de marmitako

Publicada o

- Advertisement -

O artista viveirense David Catá resultou gañador do terceiro Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrou coincidindo coa trixésimo quinta edición da Feira do Bonito.

Catá recibiu un trofeo e 1.500 euros pola obra gañadora, ‘Vilanos‘, na que recreou a beleza da Igrexa de Coeda, unha das formacións xeolóxicas máis espectaculares do municipio de Burela e da Mariña Lucense.

O segundo galardón foi para Tim Bergmeier e Moisés Vargas, autores de ‘Agüita sagrada‘. O terceiro premio foi para Adri Pardo co retrato de nenos de distinta etnia ‘O que une o mar‘ e o premio para o mellor artista local foi para David Fernández, “DaviXino”, coa serea ‘Mariña‘.

O gañador de Amarte 2019 sucedeu no palmarés a Martín Cal, que se fixo co premio no 2018, e Marcos Pereira, vencedor na primeira edición, a do 2017. O creador viveirense xa estivera a piques de facerse co trofeo neste mesmo ano, cando acadou o segundo posto.

Un total de dez artistas participaron nesta edición do concurso. Ademais dos premiados, Hipólito XeadaOtto Tretto, o propio Pereira, Delio RodríguezEneko Azpiroz, e Marcos Lamas deixaron obras que embelecerán durante anos o porto burelao, con outra cor a raíz do certame.

32 MURAIS NUN “MUSEO AO AIRE LIBRE”

O concelleiro de cultura de Burela, José Díaz, remarca que os dez murais desta pasada edición súmanse aos 22 que xa había para conformar “un museo ao aire libre“.

O edil asegurou que se trata de “obras de arte” e que “o nivel sube cada ano”, polo que Amarte ten xa gañado “un prestixio”. Iria García, Antón CaxotoSilvia Candia formaron parte do xurado.

 

O MARMITAKO, PROTAGONISTA DO DOMINGO

A Feira do Bonito pechou este domingo cun éxito de público, dado que miles de persoas se achegaron a degustar “o príncipe azul” de Burela nas súas distintas receitas. O sábado, o túnido triunfou á grella, cocido, en empanada e salpicón, mentres que na última xornada o produto estrela da lonxa burelá serviuse en marmitako, esgotando existencias.

 

PRODUART

Varias actividades paralelas vestiron a feira. A máis veterana, Produart, que na súa décimo novena edición congregou 53 marcas de toda España que mostraron produtos ecolóxicos e artesáns de arte, hixiene, encaixe de bolillos, vidro, bisutería e principalmente gastronómicos.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...