IniciosociedadeO centro de día oncohematolóxico do hospital obtén o certificado de Aenor

O centro de día oncohematolóxico do hospital obtén o certificado de Aenor

A certificación premia o sistema de xestión de riscos para previr, detectar ou mitigar erros

Publicada o

- Advertisement -

O centro de día de oncohematoloxía do Hospital da Costa obtivo unha certificación ISO polo seu sistema de xestión de riscos para aumentar a seguridade do paciente. A Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor) expede este certificado.

A reducción de erros na asistencia, o aumento na probabilidade de detectalos, o establecemento de accións para a súa redución e prevención e para mitigar as súas consecuencias, son algúns dos factores analizados por Aenor, que premia unha atención libre de danos evitables.

O Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) e o Hospital de Monforte tamén acadaron este certificado, que entregou o director de Aenor Internacional na Rexión Atlántica, Martín Pita López. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Lugo (EOXI), Cervo e Monforte, Ramón Ares Rico, asistiron ao acto, no Hula.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...