IniciosociedadeViveiro valora solicitar a bandeira azul para Covas, que estrea servizo de...

Viveiro valora solicitar a bandeira azul para Covas, que estrea servizo de socorrismo

María Loureiro adiantou a vontade do concello de tramitar o distintivo para o areal, que desde este martes conta con vixilantes

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro baralla solicitar a bandeira azul para a praia de Covas.  A alcaldesa, María Loureiro, adiantou que “os técnicos municipais están a valorar as necesidades para a tramitación dun novo certificado de calidade para o areal”.

A rexedora avanzou a “vontade” do goberno local despois de que os controis realizados pola Consellería de Sanidade confirmasen a calidade “excelente” das augas nos últimos catro anos, un dos requisitos que establece a Asociación De Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) para outorgar o distintivo.

A vixilancia sanitaria lévase a cabo mediante a inspección e mostraxe periódica da auga durante a tempada de baño, que se establece dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro.

SOCORRISMO

O areal viveirense, que comezou a tempada alta sen vixilantes por falta de candidatos ás prazas ofrecidas polo concello, conta desde este martes con servizo de socorrismo.

Ata agora, priorizouse a prestación do servizo na praia de Area, que loce un ano máis a bandeira azul.

O PP PEDIRÁ QUE SE “LIMPE” O AREAL

O Partido Popular de Viveiro adiantou que presentará unha moción para a limpeza e recuperación da praia no pleno do vindeiro mércores, o primeiro ordinario da lexislatura. Os conservadores aseguran que a “vexetación” e “a gran cantidade de lixo” impiden que o areal “poida ser utilizado polos usuarios”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...