IniciosociedadeSan Cibrao contará coa única pista profesional de skate da bisbarra

San Cibrao contará coa única pista profesional de skate da bisbarra

O Concello de Cervo espera que a instalación, no Parque Reina Sofía, estea lista en dous meses

Publicada o

- Advertisement -

San Cibrao contará coa primeira pista profesional de skate (bowl skate) da Mariña Lucense. A instalación construirase a partir do mes de xullo no Parque Reina Sofía.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de cultura, Dolores García Caramés, mantiveron un encontro con integrantes do Club Limosa Surf para informalos do inicio das actuacións, financiadas por completo con fondos municipais. A previsión é que a pista estea lista, segundo asegurou o rexedor, “en dous meses ou menos”.

HOMOLOGADA PARA A COMPETICIÓN

Villares asegura que a instalación será “a única da comarca destas características e unha das poucas que hai en Galicia homologadas para este tipo de competicións”.

A pista quedará “perfectamente integrada na contorna, e foi concebida como un punto de encontro para a mocidade do concello, dada a afección que hai polo patín, sen que se vexa afectado o parque biosaudable urbano ubicado nesa zona. Conseguiremos que convivan diferentes ambientes e diferentes xeracións”, espuxo o alcalde.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...