IniciosociedadeBarreiros suma un posto de socorro, en Arealonga, e unha ambulancia medicalizada

Barreiros suma un posto de socorro, en Arealonga, e unha ambulancia medicalizada

O punto de atención sanitario, instalado na praia de Arealonga, súmase ao do areal de Coto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros instalou este martes un posto de socorrismo na praia de Arealonga, que se suma ao do areal de Coto. Segundo explicou o alcalde barreirense, o popular Alfonso Fuente Parga, “o punto de atención contará con padiola, un baño e auga quente. Cubrimos así os oito quilómetros de praia do municipio”, explicou.

O rexedor barreirense engadiu que “este ano imos contar cunha ambulancia medicalizada, que é como unha UCI móbil. Estará a disposición do concello de Barreiros durante todo o verán”. O municipio contará tamén cunha nova zodiac.

INVESTIMENTO DE 19.000 EUROS

Segundo afirmou o alcalde en Cope de la Costa, a caseta custará 9.500 euros e a zodiac 7.000, e serán financiados con fondos do Plan Único, mentres que o investimento na ambulancia, con partidas do Concello, ascenderá a 2.500 euros. Barreiros contará ademais con 21 socorristas e dous técnicos sanitarios do 1 de xullo ao 31 de agosto. 

CRÍTICAS DO BNG

Fuente Parga referiuse á denuncia do BNG barreirense sobre o estado de abandono de áreas recreativas, baños de praias e parques. “Onte recibiamos críticas porque hai retraso na corta da herba. Non digo que non sexa importante, pero nós cremos que máis importante é prestar un servizo ás persoas cando realmente o necesitan nun momento de urxencia, colocando esta caseta”, argumentou.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...