IniciosociedadeBurela celebrará o Día da Muller Afrodescendente cunha charla participativa sobre políticas...

Burela celebrará o Día da Muller Afrodescendente cunha charla participativa sobre políticas públicas

A concellería de Cooperación e Inmigración pretende crear novos espazos para a interlocución coas mulleres da comunidade africana

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Afrodescente, o vindeiro venres, o Concello de Burela organiza unha charla café para implicar as mulleres inmigrantes no desenvolvemento de políticas que afectan ás súas comunidades.

“A  intención é empoderar ás inmigrantes de Burela e crear redes de apoio a través dun espazo seguro para o diálogo e a creación de liñas de traballo en pro de poboacións minoritarias”, expuxo a concelleira de Cooperación e Inmigración en funcións, Angélica Gómez.

O coloquio, que se celebrará baixo o epígrafe Tecendo Redes, terá lugar no Hotel Galatea ás 20.00 horas. As persoas interesadas en participar deben inscribirse no Concello.

PROGRAMA DE MEDIACIÓN SOCIAL

A proposta enmárcase no novo programa de mediación social e intercultural posto en marcha polo Concello neste ano, do que se encarga a técnica Zinthia Álvarez Palomino.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...