IniciosociedadeCarmen Pomar segue o inicio das obras nos colexios nº 1 de...

Carmen Pomar segue o inicio das obras nos colexios nº 1 de Foz e Virxe do Carme de Burela

A Xunta prevé que os traballos nos dous centros, cun investimento de 1,6 millóns, conclúan para o inicio do vindeiro curso

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Educación Carmen Pomar visitou este martes as obras que se están a desenvolver nos colexios CEIP nº 1 de Foz e no CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Burela.

Nos últimos días comezaron os traballos de mellora nos dous centros que, segundo as previsións da propia Xunta de Galicia, concluirán para o inicio do vindeiro curso. A reforma dos dous centros suporá un investimento de 1.676.286 euros.

“OBRAS AVANZADAS” EN BURELA

En Burela, a titular de Educación seguiu o avance das obras que, dixo, “avanzan a bo ritmo de execución”.

Os operarios traballan estes días na instalación de sistemas de illamento térmico e na substitución de portas, ventás e falsos teitos, ademais das luminarias.

Segundo sinalou a conselleira, as obras que se están a realizar responden aos problemas con filtracións de auga rexistrados o pasado curso, que obrigaron a executar accións de urxencia agora completadas con estes traballos.

FOZ

En Foz, a reforma prevista para mellorar o illamento térmico e a funcionalidade dos edificios escolares está a comezar coa colocación dos andamios na fachada e as casetas de obra.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...