IniciosociedadeO colexio Sagrado Corazón amplía o programa Madrugador

O colexio Sagrado Corazón amplía o programa Madrugador

O centro ribadense tamén fará descontos no comedor e potenciará as actividades en soporte dixital

Publicada o

- Advertisement -

O colexio Sagrado Corazón de Ribadeo ampliará no vindeiro curso o programa Madrugador, que axudará ás familias a conciliar a súa vida persoal e laboral. Ademais, potenciará as actividades en soportes dixitais e fará descontos no servizo do comedor.

As familias poderán facer uso do programa desde as 7.45 horas, 45 minutos antes ca no anterior exercicio, e incluirase o almorzo para os estudantes. “Somos conscientes de que hai moitas familias que empezan a traballar ás oito da mañá e necesitan deixar aos nenos no colexio antes. Parécenos que levantalos para traelos xa almorzados é moi complicado, entón imos incluír o almorzo para os rapaces”, expón a xefa de estudos do centro, Begoña Sanjurjo.

Sanjurjo engade que “este curso haberá descontos no prezo do comedor, que son 98 euros por mes, agás os meses de decembro, setembro e xuño que son 77 euros. A partir de setembro, para as familias que teñan dous fillos ou máis, o segundo fillo serán 75 euros e o terceiro fillo terá outra bonificación”.

A xefa de estudos adiantou tamén que “no curso 2018-2019 imos implantar máis actividades que teñen que ver co mundo dixital porque temos claro que os nenos actuais son nativos dixitais. Esta faceta motívaos máis e failles aproveitar mellor o tempo”, asegura. Así, todo o colexio terá “tres libros obrigatorios que ler en dixital”, expón Sanjurjo, e “porase á disposición do alumnado unha gran biblioteca. Algúns cursos van traballar as matemáticas en dixital. Ademais, incorporaremos unha parte de robótica en 3º da Eso, que xa se impartía en Infantil e 2º de Primaria”, conclúe.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...