InicioPolíticaO Concello de Mondoñedo prohibirá estacionar no casco histórico

O Concello de Mondoñedo prohibirá estacionar no casco histórico

O goberno local asegura que consensou a medida coa Aciam e que habilitará "de inmediato" o aparcadoiro de Casas Novas

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos mindoniense acordaron a prohibición do estacionamento nas rúas do casco histórico da cidade. O novo plan de tráfico porase en marcha o 1 de xullo.

Segundo o goberno local, a medida vén a satisfacer a demanda dos empresarios polos habituais incumprimentos da normativa. O Concello pretende sumar á oposición ao proxecto enviará a proposta aos voceiros dos grupos políticos municipais para que poidan facer as achegas que consideren. Pola súa banda, os veciños recibirán un comunicado que os informará dos cambios.

Mapa co plan de tráfico. AXM

ALTERNATIVAS

Para facilitar o movemento na cidade sen prexudicar aos negocios, o Concello habilitará espazos para estacionar con tempo limitado para xestións rápidas. A alcaldesa, a popular Elena Candia, comprométese a “poñer en marcha de xeito inmediato, a través dunha intervención provisional, o aparcadoiro da Travesía Casas Novas”. Esta instalación, detrás da Igrexa Nova, contará con 100 prazas. O Concello presentou o proxecto ao Ministerio de Fomento en xaneiro, e no pasado mes de maio recibiu a aprobación da Dirección Xeral de Patrimonio. 

A rexedora afirma que estuda a posibilidade de incluír un aparcadoiro máis para facilitar o tránsito no municipio e evitar a concentración de vehículos na zona vella. Candia sostén que “queremos unha cidade viva na que convivan todos os intereses, polo que buscamos solucións de consenso”.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...