IniciosociedadeViveiro ofrece 120 prazas do seu campamento urbán estival

Viveiro ofrece 120 prazas do seu campamento urbán estival

O martes abre o prazo para anotarse na actividade, que comezará o 1 de xullo e rematará o 31 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro ofrece un total de 120 prazas do campamento urbán de verán, que comezará a vindeira fin de semana e que se instalará no pavillón do IES Vilar Ponte durante os meses de xullo e agosto.

O horario do servizo, que pretende axudar á conciliación laboral e está destinado a nenos e nenas que naceran entre os anos 2006 e 2014, será de luns a venres, de 8.00 a 14.00 horas. Outro dos requisitos para anotarse é que os pequenos estean empadroados no concello de Viveiro cun mínimo dun ano de antelación á data de comezo do campamento.

o horario será de 8.00 a 14.00 horas, de luns a venres

INSCRICIÓN

Das 120 prazas ofertadas, o goberno local reservará cinco para nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33%. Os interesados poden anotarse desde o martes, con cinco días hábiles para facelo. Para formalizar a inscrición deberán presentar fotocopias do DNI e tarxeta sanitaria do menor, do DNI do pai ou nai ou titor legal, do libro de familia e do certificado de discapacidade ou do documento de separación dos pais no caso de necesitarse.

poderán beneficiarse os pequenos nacidos entre 2006 e 2014

PREFERENCIA

Terán preferencia os nenos daquelas unidades familiares nas que pai e nai teñan unha relación laboral vixente no prazo de presentación das solicitudes, ou estean a cursar durante o mesmo intervalo un curso do plan de formación para persoas desempregadas das distintas administracións públicas.

Desde o goberno local de Viveiro salientan que “este servizo é unha das apostas importantes deste equipo de goberno que, a pesar da política de recortes actual, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión e da conciliación familiar”.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...