IniciosociedadeO incendio dun tren en Moeche suspende a liña Ferrol-Ribadeo

O incendio dun tren en Moeche suspende a liña Ferrol-Ribadeo

O tranvía, un modelo 2400, avariou sen que houbese que lamentar feridos e a plataforma polo ferrocarril fala de "falta de mantemento"

Publicada o

- Advertisement -

O incendio dun tranvía modelo 2400 á altura de Labacengos, en Moeche, cando cubría desde as 8.20 horas o servizo Ferrol-Oviedo, fixo que se pechase durante toda a mañá a circulación a liña Ferrol-Ribadeo.

Non houbo que lamentar feridos e as persoas que se viron afectadas polo accidente foron levadas en taxi ou autobús aos seus destinos. A última hora da mañá, segundo fontes do Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif), xa se restablecera o servizo.

TRES AVARÍAS DIARIAS

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo lamenta que “isto é o pan de cada día, pois os datos falan de entre tres e catro avarías diarias”, e lembra que Adif “licitou hai tempo a reforma de oito unidades do tranvía 2400, que só se levou a cabo nunha delas. Temos razóns de sobra para dicir que non se está a facer o mantemento axeitado”. 

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...