IniciosociedadeO PP da Fonsagrada propón seguir o modelo de Trabada para evitar...

O PP da Fonsagrada propón seguir o modelo de Trabada para evitar a perda de dous profesores no colexio

Os conservadores fonsagradinos solicitan ao goberno bipartito que "facilite vivendas gratis" a aquelas familias con fillos "que queiran vivir e traballar" no concello

Publicada o

- Advertisement -

A iniciativa de ofrecer vivenda de balde a cambio de empadroar os pícaros no municipio e matriculalos no colexio, como vén de facer o Concello de Trabada para tentar evitar a supresión dunha unidade no Ceip Celso Currás, axitou a política a nivel provincial e galego.

Unha mostra diso é que o Partido Popular (PP) da Fonsagrada vén de solicitar ao goberno bipartito que implante no municipio un modelo semellante para solventar as dificultades no Ceip Plurilingüe Santa María.

DÚAS PRAZAS DOCENTES MENOS

Neste centro, a redución de alumnado de tres a seis anos leva consigo a perda de dúas prazas de profesorado. O PP fonsagradino propón así “facilitar vivenda a todas aquelas familias con fillos que decidan traballar e vivir na Fonsagrada”. Máis información en Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...