IniciosociedadeO comercio de Foz ofrece unha fin de semana sen IVE

O comercio de Foz ofrece unha fin de semana sen IVE

Os descontos serán o preludio da Festa Vintage do CCA, mentres que en Ribadeo os negocios tamén rebaixan os prezos

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz impulsa nos días 22 e 23 de xuño, venres e sábado, a fin de semana sen IVE. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos locais participantes nesta campaña obterán descontos especiais.

O colectivo de comerciantes recomenda aos clientes que consulten as promocións en cada establecemento. Desde o CCA focego aseguran que “chega o verán e é un bo momento para aproveitar e facerse con aquelas prendas de tempada a prezos máis económicos nos comercios do noso pobo. O comercio local fai pobo e niso debemos seguir pensando sempre, en todas as épocas do ano”, rematan. 

A campaña de descontos será o preludio da quinta Festa Vintage, que se celebrará a finais deste mes de xuño.

ACISA

En Ribadeo, a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos organiza desde o día 22 ao 24 a segunda edición da campaña ‘Os prezos arden‘. Un total de 35 establecementos participarán na iniciativa, con descontos que oscilarán entre 10 e o 50% dos produtos. 

Os locais que participan na iniciativa son Ginzo, Sanjurjo, Esprit, Opticalia, Bora Bora, Bodegas Ribeirao, Óptica Miró, Mercería Torviso, Güendolina, Pippols, Julia Moda Infantil, Dándara, Naná, Boutique Valentina, Boutique Del Río, Saia, Óskar Peluqueros, Bis a Bis, Terra Branca, Óptica Carreira, Hola Ola Street, Hola Ola Surf, Coco, Jatay, Farfala, Folder, Pequerrechos, Mercería Vizcaya, Glass, Deportes Docobo, R23, Bimba 13, Anaís, Platería Gutié, Castillo de Pesca.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...