IniciosociedadeO IES Gamallo Fierros, semente de igualdade

O IES Gamallo Fierros, semente de igualdade

O instituto ribadense foi o único da Mariña que ofertou a materia de Igualdade de Xénero, que cursaron 88 estudantes

Publicada o

- Advertisement -

O mundo só cambia aos poucos e só o fai coa educación, creo niso firmemente. Traballamos para ver se dentro de cinco, dez anos, temos unha sociedade máis xusta”. Así de rotunda é Teresa González Piñeiroa, a profesora encargada de impartir a materia de Igualdade de Xénero no IES Gamallo Fierros de Ribadeo. O instituto ribadense foi o único da Mariña Lucense que ofertou neste curso a asignatura -optativa e cunha hora semanal-, que cursaron 88 nenos e nenas, case a cuarta parte do alumnado total do centro.

A materia tratou cuestións como as relacións de convivencia e afectividade entre homes e mulleres, a discriminación por sexo ou a violencia machista. “O primeiro foi ensinarlles que a igualdade é unha cuestión de corresponsabilidade”, indica a docente, que se atopou con algunhas reticencias iniciais.

“AO PRINCIPIO ESCONDÍANSE TRAS UN PARAPETO, PORQUE CUESTIONABAMOS CERTOS PRIVILEXIOS”, explica a docente

“Ao principio escondíanse tras un parapeto”, explica González Piñeiroa, “porque na aula estabamos a cuestionar algúns privilexios que os homes teñen. Houbo que facer un traballo de concienciación, explicar que estabamos alí para axudar ao alumnado a medrar e non a rebelarse, a ver o mundo desde outra perspectiva e a construír o seu futuro”, expón a docente.

Co paso das semanas, a resposta do alumnado cada vez máis favorable, o que se puido comprobar pola implicación en “talleres voluntarios como os de masculinidades igualitarias ou autodefensa”, asegura a docente, que cre que estas idades -doce anos- “son perfectas” para reflexionar sobre os micromachismos, ou as conductas machistas máis básicas e cotiás que se repiten na sociedade.

EFEMÉRIDES

A docente aproveitou distintas efemérides de actualidade para facer reflexionar ao alumnado sobre os estereotipos de xénero. Así, no 14 de febreiro, día dos namorados, falouse dos mitos do amor romántico ou idealizado. Durante as aulas previas ao Nadal, o estudantado analizou catálogos de xoguetes para ver como a sociedade pretende marcar os gustos e afeccións de nenos e nenas desde idades temperás. No 8 de marzo, o tema foi a invisibilización das mulleres na Historia. A docente dispuxo unha aproximación ao seu papel durante a Primeira Guerra Mundial.

o 14-f serviu para cuestionar o amor romántico. o nadal, para analizar o sexismo nos xoguetes

Tamén houbo actividades destinadas a cuestionar os canons de beleza, impostos dun xeito máis acusado para as rapazas, ou a analizar o xerme dos feminicidios, “que son unha espiral que comeza polo control da parella e os celos”, expón González Piñeiroa.

Actividade da materia. AXM

DEREITOS, DISCRIMINACIÓN RACIAL

As películas foron outro dos recursos utilizados durante o curso, co visionado dun filme por trimestre. Un deles foi ‘Billy Elliot’, a historia do neno que quería ser bailarín mentres a súa familia o inscribía en cursos de boxeo. A partir de ‘Sufraxistas‘ reflexionouse na aula sobre a conquista de dereitos. ‘Figuras ocultas‘, cinta sobre tres científicas afroamericanas que traballaron na NASA, foi o punto de partida para abordar tamén a segregación racial.

O programa incluíu actividades fóra da aula, como un roteiro polas rúas e prazas de Ribadeo que teñen nome de muller, realizado en colaboración co Concello e que contou coa presenza da técnica de turismo municipal.

o centro ofertará a asignatura de coeducación para o século xxi

NOVA MATERIA NO BACHARELATO

Uns 30 centros de Galicia ofertaron a materia neste ano académico 2017-2018. Trala experiencia, o IES Dionisio Gamallo Fierros, que conta cun Comité Lila contra o sexismo, ofrecerá tamén o ano que vén ‘Coeducación para o século XXI‘, materia que se impartirá no primeiro curso do Bacharelato e que abordará temas como a historia do feminismo -un baleiro habitual nas programacións de Historia- ou a prevención da violencia machista. Precisará dun mínimo de cinco persoas que queiran cursar a asignatura para regar a semente da educación en igualdade.

ÚLTIMAS

Morre tamén a nai da falecida no incendio do Valadouro

A muller de 77 anos trasladada ao Hospital da Mariña polas feridas sufridas no incendio...

ACISA Ribadeo anima ás empresas locais a unirse ao Bono Activa Comercio

Acisa anima ás empresas locais a adherirse ao Bono Activa Comercio da Xunta....

A CAMOVI de Viveiro será unha homenaxe a Ramón Blanco na edición deste ano

O Concello de Viveiro será esta próxima fin de semana o escenario dunha nova...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos...