IniciosociedadeBarreiros suma sete novas praias sen fume e Cervo unha, para un...

Barreiros suma sete novas praias sen fume e Cervo unha, para un total de 18 na Mariña

A Xunta expón que a maioría dos 45 areais mariñaos onde analizou a calidade das augas obtivo a cualificación de excelente

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña Lucense conta con 18 praias sen fume, oito delas novas, repartidas entre sete municipios. Barreiros, con oito areais, pasa a ser o concello con maior número de espazos públicos ao aire libre adheridos á Rede Galega da Xunta de Galicia contra o tabaquismo.

As praias de Barreiros que se adhiren na presente campaña son as de Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Valea, Acantilado-Remior, San Bartolo e Altar; con anterioridade xa formaba parte da rede a de Coto.

En Cervo, a O Torno súmase a de Cubelas.

No Vicedo forman parte da iniciativa Vidrieiro, Caolín, Xilloi e Abrela, que neste 2019 recuperou a bandeira azul.

En Xove, Esteiro está libre de tabaco; A Rapadoira, en Foz, é outro dos areais da Mariña Lucense adherido á rede, así como Esteiro, en Ribadeo.

Burela é o único municipio costeiro da bisbarra que non se adheriu á rede.

BENEFICIO PARA A SAÚDE E MEDIOAMBIENTAL

Nestas praias non se fuma na zona de area, aínda que se trata dunha campaña de concienciación, dado que non existe vixilancia nin sancións para aqueles que non cumpran.

Ademais da molestia para as persoas non fumadoras, fumar nas praias tamén supón un prexuízo medioambiental para os areais, xa que un cigarro pode tardar entre cinco e dez anos en degradarse, contamina o mar e as súas substancias tóxias poden matar os animais mariños ou acumularse no estómago.

Desde que a Consellería de Sanidade puxo en marcha a a Rede Galega de praias sen fume, no ano 2016, sumáronse ao proxecto un total de 141 espazos repartidos entre 64 municipios, case un 30% do total de areais da comunidade autónoma.

A ÚNICA FLUVIAL, EN MONDOÑEDO

No 2018 incorporouse a posibilidade de incluír as praias fluviais. Polo de agora, o único areal inscrito na bisbarra entre os 15 que hai a nivel galego é o de Río TroncedaCoto da Recadeira, en Mondoñedo.

O NÁUTICO DE RIBADEO, SEN TABACO

Ademais, a rede extendeuse aos portos, e na actualidade ostentan a condición de espazos sen fume os de Portosín, Portoson, Baiona e Ribadeo.

45 PRAIAS, APTAS PARA O BAÑO

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, comunicou que a Consellería de Sanidade certificou a calidade das augas das praias da Mariña, outorgando a cualificación de excelente á práctica totalidade dos areais.

O delegado explicou que se analizaron as augas de 45 praias marítimas nos oito concellos costeiros da provincia “e os resultados foron moi positivos, xa que todas son perfectamente aptas para o baño e de feito practicamente todas foron cualificadas de excelentes”.

A Consellería de Sanidade realiza controis periódicos da calidade das zonas de baño que están inscritas no censo oficial. Este programa inclúe a vixilancia sanitaria das zonas de baño mediante a inspección xeral das praias e a analítica das augas, que se realiza no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, situado en Lugo.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...