IniciosociedadeO luns abre o prazo para as escolas deportivas de verán burelesas

O luns abre o prazo para as escolas deportivas de verán burelesas

O servizo, para nenos de entre cinco e doce anos, durará do 2 de xullo ao 24 de agosto

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de deportes de Burela ofrecerá do 2 de xullo ao 24 de agosto un servizo de escolas deportivas de verán, que permitirá aos nenos e nenas do municipio desfrutar de actividades como patinaxe, baloncesto, roteiros en bicicleta ou xogos na praia.

O alcalde, Alfredo Llano, o edil de deportes, Ramiro Fernández, e o técnico Iván Cao presentaron o servizo. Os interesados poderán inscribirse na casa da xuventude a partir do vindeiro luns, e terán de prazo ata o xoves 28. Están chamados a participar os nenos e nenas nacidos entre os anos 2006 e 2012.

TAXA DE SEIS EUROS

Este ano, o goberno local cobrará unha taxa de seis euros. “Fixémolo para evitar que haxa xente que se apunte ás aulas e logo non vaia, como sucedeu outras veces. Pero esa tarifa será reinvertida no programa”, sinalou Fernández. En todas as actividades hai un máximo de prazas. O grupo de cinco a sete anos contará con 15, e os grupos de oito a nove e maiores de dez anos, con 20 cada un. A adxudicación farase por rigorosa orde de inscrición.

HORARIOS

As actividades serán de luns a venres, con horario diferente por cada grupo: de 10.15 a 11.30 horas, de 11.30 a 12.45, e de 12.45 a 14.00 horas. Segundo Fernández, os obxectivos das escolas deportivas de verán son “que o deporte se siga practicando na época estival e tamén axudar un pouquiño á conciliación familiar dos papás e das mamás que teñen que traballar”.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...