IniciosociedadeCáritas atendeu en Mondoñedo-Ferrol a 4.755 persoas en situación de exclusión, "o...

Cáritas atendeu en Mondoñedo-Ferrol a 4.755 persoas en situación de exclusión, “o 25% inmigrantes”

A ONG vinculada á Igrexa constatou no 2018 un aumento das familias que viven na pobreza malia ter traballo e sitúa a infancia e os maiores como sectores máis vulnerables

Publicada o

- Advertisement -

Cáritas Diocesanas de Mondoñedo-Ferrol atendeu a 4.755 persoas -delas, un 25% inmigrantes– en situación de exclusión ao longo do seu ámbito no ano 2018, 850 menos que no ano anterior.

A atención foi prestada a través de varios programas, nos que participaron 314 voluntarios e 58 Cáritas parroquiais e os seus 13 traballadores. Isto requeriu dun orzamento de 806.663 euros, dos que un total de 580.000 foron para atención directa e acompañamento das persoas.

Estes números foron expostos na mañá deste mércores por Marta Pazo, coordinadora xeral de Cáritas Diocesanas de Mondoñedo-Ferrol e José María Pérez Martínez, vogal de comunicación, na sede que esta ONG vinculada coa Igrexa ten na rúa Magdalena de Ferrol.

A INFANCIA E OS MAIORES, OS MÁIS VULNERABLES

De todos os xeitos, constouse que no territorio onde actúa Cáritas de Mondoñedo-Ferrol, correspondente ao norte das provincias da Coruña e Lugo, “produciuse un lixeiro descenso, de 850 persoas, en canto ás persoas atendidas con respecto a 2017, centrado na franxa de idade de entre os 18 e 65 anos, apreciándose unha cronicidade dos dous sectores máis vulnerables, como son a infancia e as persoas maiores“.

PROGRAMAS

Cáritas Diocésanas de Mondoñedo-Ferrol canta con varios programas a través dos que durante o 2018 atendeu a “350 persoas sen fogar, 114 familias en situación de vulnerabilidade, outras 157 en procesos de formación e inserción laboral, dos que 49 conseguiron emprego“.

Para iso disponse do Centro de Día e Inclusión Gabriel Vázquez Seijas, con servizo de cafetaría, acceso a Internet, talleres inclusivos e que acaba de estrear, neste mes de xuño, o servizo de lavandaría, ducha e barbaría.

Tamén dispón de catro pisos de tránsito á vida autónoma, outras catro vivendas de emerxencia, así como clases de reforzo para escolares, talleres de promoción de muller xitana e talleres de alfabetización e habilidades sociais para adultos.

MÁIS TRABALLADORES POBRES

No tocante ao perfil dos beneficiarios de Cáritas nas provincias da Coruña e Lugo, segundo Pazo, “percíbese un aumento das familias en integración precaria, que son aquelas que a pesar de ter traballo, están ao límite de integración e lonxe dunha integración plena”, ademais de que “a vivenda se percibe como un factor de exclusión que vai en aumento e que provoca a acumulación de familias diferentes nun mesmo piso”, ademais da que “a pobreza está moi dispersa afectando tanto o mundo rural como urbano”.

ENVELLECEMENTO

Tamén salientou como un problema grave “a porcentaxe elevadísima de envellecemento, problema especialmente acentuado no mundo rural, acentuado na dispersión”.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...