IniciosociedadeAs traballadoras de Domusvi retomarán este venres as protestas polo calendario laboral

As traballadoras de Domusvi retomarán este venres as protestas polo calendario laboral

As obreiras lamentan que a empresa "segue coa mesma actitude" e aseguran que non teñen outra alternativa "que buscar amparo nos xulgados"

Publicada o

- Advertisement -

As traballadoras do xeriátrico de Domusvi en Viveiro retomarán as protestas iniciadas no pasado mes de abril ante un calendario laboral que consideran abusivo, dado que permite situacións como unha quenda de quince días de traballo cunha soa xornada de descanso entre medias.

As empregadas de Domusvi convocaron protestas para esta semana e a vindeira, as últimas do mes de xuño. Serán os días 21, venres, e 27, xoves, ambas de 14.15 a 15.30 horas.

As obreiras aseguran que “seguimos sen cambio algún na actitude da empresa nin disposición a negociar algo distinto ao imposto”. Segundo afirman as empregadas, Domusvi “incluso denega as solicitudes de días de libre disposición”.

NON DESCARTAN “OUTRAS ACCIÓNS REIVINDICATIVAS”

Así, denuncian as traballadoras, “a dirección desde centro non entende a organización do traballo doutro xeito que non sexa con despotismo e tiranía”, polo que “non nos deixa alternativas” máis que “a de buscar amparo nos xulgados”. Ademais, sinalan que non desbotan “outras accións reivindicativas”.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...