IniciosociedadeO PP cifra o arranxo de Vista Alegre en 1,8 millóns e...

O PP cifra o arranxo de Vista Alegre en 1,8 millóns e di que non estará listo “ata setembro do 2020”

Os conservadores aseguran que o Concello "non ten capacidade nin compromisos de financiamento" para as obras, cuxo inicio está previsto "para marzo do vindeiro ano"

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros electos do Partido Popular (PP) de Burela aseguraron este venres que “segundo a documentación que o propio rexedor en funcións”, o socialista Alfredo Llano, “remitiu ao grupo municipal do PP o pasado 7 de xuño, as obras de remodelación do pavillón de Vista Alegre non rematarán ata setembro de 2020”.

De feito, “está previsto que comecen as obras entre marzo e abril do vindeiro ano, o que demostra que Llano está lanzando continuamente cortinas de fume para tapar a súa absoluta falla de xestión”.

Os populares aseguran que “o único que fixo o alcalde foi encargar á empresa habitual unha memoria xustificativa para sacar a concurso a redacción do proxecto construtivo. A simple redacción do documento”, salientan os populares, “terá un custo de 63.978,75 euros, para o que non hai partida nos orzamentos do presente ano e que a día 7 de xuño estaba sen informar por parte de intervención”.

“NON HAI CONCESIÓN DE MORATORIA”

Tamén engaden que “non obra no Concello ningún escrito da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS) de concesión de ningunha moratoria para realizar as obras”.

Desde o PP burelao afirman que “as obras de reforma e ampliación do Vista Alegre terán un custo que pode chegar aos 1.817.882,50 euros. Para abordar esta obra, e polo tanto este importe, non hai nestes momentos capacidade por parte do Concello nin ningún compromiso de financiamento por parte de ningunha administración, xa que non consta que o alcalde se dirixise a ninguén cunha proposta por escrito”.

“SEN SOLUCIÓNS DESDE 2016”

Os edís electos do PP aseguran que “Llano sabía desde 2016 cales eran as condicións que solicitaba a LNFS. Non fixo nada de nada neste tempo, e agora, cando o tempo apremia, aínda pretende rematar a obra en setembro do ano próximo”, lamentan.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...