IniciosociedadeRetiran a petición de cárcere para os cirurxáns que esqueceron unha gasa...

Retiran a petición de cárcere para os cirurxáns que esqueceron unha gasa no abdome dunha paciente

As acusacións renuncian ás solicitudes de seis meses de prisión e 18 de inhabilitación despois de que os doutores "recoñeceran os feitos"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O ministerio fiscal e a acusación particular chegaron a un acordo coa defensa dos dous cirurxáns do Hospital Público da Mariña, en Burela, que ían ser xulgados este xoves no Penal número 1 de Lugo por un suposto delito de lesións por imprudencia grave ao esquecer unha gasa cirúrxica no interior do abdome dunha paciente en 2014.

A Fiscalía pedía para cada un dos acusados unha pena de seis meses de prisión e 18 de inhabilitación para o exercicio da súa profesión, ademais dunha indemnización de 36.303 euros para a paciente.

INCREMÉNTASE A INDEMNIZACIÓN

As acusacións -pública e particular- retiraron a petición das penas de cárcere e inhabilitación, a cambio dun incremento da indemnización a favor da vítima, que cobrará finalmente 50.000 euros.

O avogado da paciente, Alberto Fernández, precisou que os médicos admitiron os feitos. “Si houbo unha intervención e esqueceuse unha gasa dentro da paciente, evidentemente a señora non a puxo”, razoou ante os medios.

A indemnización será aboada “polas compañías aseguradoras, subsidiariamente polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e, se non hai máis remedio, polos propios cirurxáns”, aclarou o letrado.

A defensa de ambos acusados declinou facer declaracións aos medios de comunicación.

ESCRITOS DAS ACUSACIÓNS

Segundo o escrito de acusación, a paciente foi sometida a “unha operación quirúrgica programada, que tivo lugar o 11 de febreiro de 2014” no daquela denominado como o “Hospital da Costa, e que se desenvolveu con aparente normalidade”.

O ministerio fiscal precisa que no transcurso da operación quedou abandonada “no interior da cavidade abdominal” da paciente unha “gasa cirúrxica”, por mor dunha “omisión” por parte dos cirurxáns á fronte da intervención.

A acusación pública argumenta que non se fixo “reconto de gasas porque, de realizarse, detectaríase a falta dunha delas de forma inmediata”

A paciente sufriu lesións que a obrigaron a someterse a un “novo tratamento médico cirúrxico” e a outra intervención para retirarlle o apósito do interior da cavidade abdominal, que se levou a cabo en novembro de 2015.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...