IniciosociedadeFernando Romay pregoará a Feira do Bonito

Fernando Romay pregoará a Feira do Bonito

O ex baloncestista e comentarista deportivo coruñés axudará a dar visibilidade á cita

Publicada o

- Advertisement -

O ex xogador de baloncesto e comentarista deportivo coruñés Fernando Romay será o pregoeiro da trixésimo cuarta edición da Feira do Bonito, segundo anunciou o concelleiro de cultura de Burela, José Díaz. A cita gastronómica celebrarase o 4 de agosto.

Romay conta cunha carreira deportiva de excepción. O pivote foi medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 1984. “Pertenceu a unha xeración de deportistas que engrandeceron o baloncesto, que fixo que o gusto por este deporte aumentase”, expón Díaz. O pregoeiro sucede ao analista político de Xove Antón Losada e ao humorista ourensán Sergio Pazos.

PROMOCIÓN

Díaz asegurou que o Concello segue a traballar para conseguir a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional para este evento culinario. Neste senso, considera que Romay, “que ten unha asociación gastronómica en Madrid, podería botar unha man na promoción do bonito”.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...