IniciosociedadeUsuarios de Aspanane navegan en catamarán os Canóns do Sil

Usuarios de Aspanane navegan en catamarán os Canóns do Sil

A excursión, financiada pola Deputación, parou en Gundivós para ver unha mostra de olería

Publicada o

- Advertisement -

Un total de 46 persoas da Asociación de Pais e Nais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (Aspanane) fixeron en catamarán a ruta dos Canóns do Sil en Doade. A Deputación Provincial de Lugo financiou a actividade, na que participou o deputado de relacións institucionais, Álvaro Santos Ramos.

O colectivo mariñao desfrutou da ruta que vai de Santo Estevo ata o Mosteiro de Santa Cristina. Os integrantes da excursión poideron visitar as instalacións da Rectoral de Gundivós, no concello de Sober, e comprobaron o traballo dos artesáns cunha demostración en vivo de olería. Foi unha aprendizaxe que os socios de Aspanane poderán incorporar nas súas actividades do centro ocupacional de Viveiro, pois soen practicar obradoiros de cerámica ou carpintería.

Este tipo de viaxes favorecen a integración social destas persoas, que recibiron de Santos Ramos un xogo de puzzles e crebacabezas, que potencian a estimulación cognitiva e as habilidades motrices.

PERSOAS DE CINCO CONCELLOS

Aspanane ofrece un servizo de centro ocupacional para 50 persoas con discapacidade intelectual, procedentes de O Vicedo, Ourol, Viveiro, Xove e Foz, e conta cunha achega de 51.500 euros do ente provincial.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...