IniciosociedadeO Concello de Foz impulsa un programa de ocio infantil no verán

O Concello de Foz impulsa un programa de ocio infantil no verán

Inclúe actividades para nenos de tres a doce anos e o prazo para anotarse comeza o 25 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

O programa Aberto x Vacacións, que impulsa o Concello de Foz nos meses de xullo e agosto, ofrecerá distintas actividades de ocio a nenas de tres a doce anos.

A delegación de xuventude focega abrirá o prazo de inscrición para este proxecto o 25 de xuño, e a data límite para anotarse será o 29. As prazas son limitadas e o custo é de 15 euros ao mes.

As actividades –kaiak, obradoiros, xogos na praia, roteiros ou inchables– desenvolveranse do 4 de xullo ao 22 de agosto, de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas, tanto nos areais, coma no campo de fútbol de Malates ou no Cenima.

MÁIS INFORMACIÓN

Os interesados poden obter máis información na casa da xuventude, situada na rúa Julia Minguillón, número 7; ou ben no número de teléfono 982.133.037; ou ben a través do correo electrónico xuventude@concellodefoz.es.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...