IniciosociedadeFartos dos cortes de luz en Ribadeo: "isto non pode seguir así"

Fartos dos cortes de luz en Ribadeo: “isto non pode seguir así”

O alcalde transmite a Begasa as queixas da veciñanza trala enésima interrupción do subministro eléctrico, este luns

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, informou este luns de que se dirixiu á empresa subministradora Begasa para “comunicarlle” o “malestar” que xeraron no municipio os cortes de luz padecidos “nos últimos días” polos veciños, que se queixaron “motivada e lexitimamente”.

O rexedor precisou que o último corte no subministro eléctrico produciuse na mañá deste luns, logo doutras interrupcións “nos últimos días”, polo que insistiu en que esta situación “non pode repetirse”.

Suárez Barcia culpa desta situación ao feito de que Begasa “ten un cableado anticuado e deficiente” en Ribadeo, e a que, ademais, “os transformadores están a dar problemas“.

“Pensamos que isto sería unha cousa doutro tempo desde que está a subestación eléctrica funcionando en Ribadeo, pero o certo é que xunto con esta infraestrutura nova e moderna, Begasa ten un sistema de cableado un tanto deficiente e anticuado, e algúns dos seus transformadores tamén presentan problemas de cando en vez”, explica o alcalde ribadense.

DANOS NOS ELECTRODOMÉSTICOS

O rexedor subliña “o trastorno” que poden xerar os microcortes “nalgúns electrodomésticos que se poden estragar, e que xa que na factura eléctrica non se perdoa nunca aos veciños, isto non pode ser así”.

Aínda que recoñeceu que “nos últimos tempos a empresa está realizando” obras para a “modernización” das súas infraestruturas, espera que estas se intensifiquen para que os veciños non teñan que verse afectados de novo por interrupcións no subministro.

Os ribadenses, co impulso da Asociación de comerciantes, industriais, servizos e autonómos (Acisa), teñen realizado concentracións contra esta situación que se repite desde hai anos.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...