IniciosociedadeFacebook cita ao grupo a prol do galeón de Ribadeo como un...

Facebook cita ao grupo a prol do galeón de Ribadeo como un dos máis destacados de Galicia

A compañía compila esta fin de semana na Coruña as mellores historias saídas da rede social

Publicada o

- Advertisement -

EFE. Restaurar un galeón en Ribadeo ou buscar un fogar aos “perregrinos“, os cans que se quedan abandoados no Camiño de Santiago, son dúas iniciativas galegas que atoparon apoio grazas á rede social Facebook.

O Marineda City da Coruña é o punto de encontro este venres e sábado de Facebook Estación Central Galicia, a segunda parada que esta rede social fai en España, despois de Madrid, e na que os galegos que queiran compartir as súas vivencias poden achegarse a contalas.

O obxectivo é compilar historias e testemuñas inspiradores que ocorresen na vida real grazas á ferramenta. ‘La pescadería de mi barrio‘, en Vigo, é un negocio familiar que recibiu moitos clientes doutros lugares de España grazas á rede social.

Outra das experiencias “marabillosas”, asegurou o actor Tamar Novas, que foi o encargado de contar as historias galegas, é a investigación dun galeón en Ribadeo, que logrou interesar incluso ao National Geographic. “Paréceme algo épico”, subliñou o intérprete de ‘Fariña’, que considera que “que unha rede social poda axudar a poñer isto en valor é fascinante”.

MÁIS DE TRES MILLÓNS DE GRUPOS

En España hai máis de tres millóns de grupos activos, e do total Galicia representa unha parte importante. “Nestes tempos non se pode permanecer alleo ás redes sociais”, explicou Novas, que asegurou que hai que buscar unha utilidade humana a unha ferramenta, Facebook, “que pode mellorar as nosas vidas”.

ÚLTIMAS

Os sanitarios do Hospital da Costa realizarán accións até seren atendidas as súas demandas

A Xunta de Persoal do Hospital da Costa convocou unha xuntanza este martes para...

Sargadelos ten de prazo ata despois do verán para mellorar a seguridade laboral

A dirección de Sargadelos ten ata despois do verán para mellorar a seguridade na...

A concelleira de Facenda de Foz denuncia a “demagoxia” do PP coas facturas

A concelleira de Facenda e voceira do goberno municipal de Foz, Inés López Couto,...

Piden catro anos de prisión por presunta estafa a un home “en situación de vulnerabilidade”

Unha muller de orixe portuguesa enfróntase a catro anos de prisión por, presuntamente, estafar...