IniciosociedadeA CIG denuncia a suspensión das consultas de pediatría en Viveiro

A CIG denuncia a suspensión das consultas de pediatría en Viveiro

O sindicato nacionalista esixe a contratación dun segundo especialista tras desconvocar o Sergas as citas para a quenda de tarde

Publicada o

- Advertisement -

A CIG Saúde-A Mariña denuncia a suspensión da consulta de pediatría en quenda de tarde no centro de saúde de Viveiro.

O sindicato nacionalista expón que estaba programada unha consulta de pediatría pola tarde, con crianzas citadas, e que “a media mañá a Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Lugo-Cervo-Monforte avisou de que se cancelaba descitando a todos os pequenos da axenda”, afirma.

A central critica a “mala planificación” do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e esixe que que se cubra a segunda praza de pediatría, para acabar “cunha situación que se vén repetindo sen excepción e que xera un profundo malestar na cidadanía do concello”.

As carencias do servizo de pediatría afectan tamén aos habitantes dos municipios limítrofes de Ourol e O Vicedo, indican desde o sindicato.

BAIXAS SEN CUBRIR EN ENFERMERÍA

A central nacionalista tamén censura o “peche, este mércores, de dúas consultas de enfermería por ausencias xustificadas e programadas das profesionais”.

A CIG alerta de que a “decisión de non substituír o persoal” está a ter como consecuencia “a redución de servizos e unha sobrecarga de traballo que repercute na calidade asistencial”, engaden. O sindicato insta ao Sergas a cubrir de forma inmediata e estable todas as ausencias.

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...