IniciosociedadeO Concello de Burela axuda a conciliar coa Ocioteca

O Concello de Burela axuda a conciliar coa Ocioteca

Ofrece 50 prazas para nenos de entre tres e doce anos e o prazo de inscrición comeza o día 18

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de medio ambiente de Burela abrirá o 18 de xuño o prazo para solicitar unha praza na Ocioteca. A data límite para inscribirse será o día 20, e atenderán as peticións nas dependencias do Ceip Virxe do Carme, en horario matinal. O goberno local fará pública a lista de admitidos o día 25.

O servizo funcionará do 2 de xullo ao 31 de agosto, de luns a venres -agás festivos- en horario de 09.00 a 13.00 horas. A Ocioteca ofrecerá 50 prazas, 25 para crianzas de tres a sete anos e outras 25 para nenos de entre oito e doce.

“Poderán participar nestas actividades un total de 50 nenos empadroados no noso concello que naceran entre o ano 2006 e o 2015. Terán prioridade se ambos proxenitores están activos laboralmente ou tamén os fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero”, explicou a edil, Noelia Ben.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...