IniciosociedadeUn só médico atende as 1.500 tarxetas sanitarias do centro de saúde...

Un só médico atende as 1.500 tarxetas sanitarias do centro de saúde de Alfoz

A veciñanza quéixase de que o Sergas non cubre as baixas prolongadas dunha das facultativas

Publicada o

- Advertisement -

Un único médico de familia atende estes días o centro de saúde de Alfoz trala baixa solicitada pola outra facultativa que traballa no ambulatorio. A veciñanza do municipio queixouse da sobrecarga asistencial do galeno, que denunciou a través de Cope de la Costa.

As ausencias prolongadas da profesional repítense desde o pasado mes de outubro sen que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) cubrise de forma estable á traballadora.

Segundo expón o goberno local, a Xunta de Galicia foi advertida desta situación e no pasado mes de decembro aprobouse unha moción no pleno -respaldada por todas as forzas políticas da corporación- para pedir que se cubran de xeito estable as vacacións e ausencias xustificadas dos profesionais.

“DIFICULTADES” PARA ATOPAR SUBSTITUTOS

Fontes do Sergas precisan que no centro de saúde de Alfoz reciben atención médica 1.500 persoas, 800 un médico e 700 o outro facultativo. O ratio máximo desexable de pacientes por galeno é 1.300, polo que desde a Xunta argumentan que a sobrecarga non é excesiva.

As mesmas fontes sinalan que “se tenta substituír algún día á médica de baixa, coas dificultades que hai de falta de substitutos nas listaxes de contratación”. Desde o Sergas aseguran que “ningún paciente quedou desatendido”.

Concentración en Viveiro. AXM

CONCENTRACIÓN EN VIVEIRO

Por terceiro mes consecutivo, a entrada do centro de saúde de Viveiro acolleu este xoves unha nova concentración para instar ao Sergas a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como pediatría, e a que cubra baixas médicas xustificadas por enfermidade ou os días libres.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...