IniciosociedadeMíchel visitou Vegadeo convidado polo Foro Comunicación y Escuela

Míchel visitou Vegadeo convidado polo Foro Comunicación y Escuela

O adestrador compartiu a súa experiencia no fútbol de elite co alumnado do IES Elisa y Luis Villamil

Publicada o

- Advertisement -

O adestrador Miguel González “Míchel” participou este martes nun coloquio en Vegadeo, organizado no marco do XI Foro Comunicación y Escuela do instituto vegadense IES Elisa y Luis Villamil.

O ex futbolista do Real Madrid e adestrador de equipos como Olympiacos, Sevilla ou Olympique de Marsella compartiu cos asistentes a súa experiencia no fútbol profesional e as súas reflexións sobre a contribución do deporte á formación. Antes do relatorio na casa da cultura, o técnico reuniuse cos alumnos do centro educativo.

Durante a xornada tamén visitou os concellos de Vegadeo e Castropol, ademais de desfrutar dun paseo en lancha pola ría de Ribadeo.

En declaracións a Ser Occidente, o madrileño definiu a visita como “un día de festa” e puxo en valor a “dedicación” dos promotores do Foro para organizar este tipo de iniciativas “cos medios que teñen”. Ademais, gabou a “continuidade” e o “nivel dos participantes”.

Míchel é o terceiro adestrador de elite que pasa polo programa do instituto vegadense despois de Vicente del Bosque e Javier Irureta, que participaron noutras edicións.

41 ACTIVIDADES PARA 11 CENTROS

Daquí a novembro, o Foro Comunicación y Escuela ofrecerá un total de 41 actividades para alumnado de once centros educativos da comarca Oscos-Eo.

Entre as conferencias previstas, figuran as do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; do vicepresidente do Goberno entre 1982 e 1991, Alfonso Guerra; ou do xuíz de menores Emilio Calatayud.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...