IniciosociedadeArrinca o xuízo a Silvaje polas tallas roubadas en igrexas de Ribadeo...

Arrinca o xuízo a Silvaje polas tallas roubadas en igrexas de Ribadeo e Trabada

A Fiscalía pide catro anos e seis meses de cárcere para o acusado, por suposta apropiación indebida de decenas de imaxes, pezas e mobles de varias parroquias

Publicada o

- Advertisement -

O ex cura dos municipios lucenses de Ribadeo e Trabada, José Emilio Silvaje Aparisi, senta a partir deste mércores no banco dos acusados para responder por un delito de apropiación indebida pola suposta subtracción de tallaspezas de culto das igrexas que administraba.

Os feitos remóntanse aos anos 2008 a 2012. Neste período, segundo o escrito de acusación da Fiscalía, que pide catro anos e seis meses de cárcere para o acusado, “con ánimo de ilícito enriquecemento”, o ex párroco apoderouse ” e incorporou ao seu propio patrimonio” decenas de obxectos relixiosos e de culto, imaxes relixiosas e mobles e pezas pertencentes ás súas parroquias.

Ademais, o Ministerio Público acúsao de entregar algunhas destas pezas ao outro procesado, José Jaime de Orozco Sánchez Aguilera, un coleccionista “coñecedor de que ditos efectos procedían das fegresías” que administraba o cura.

OBXECTOS NON RECUPERADOS

O Bispado de Mondoñedo-Ferrol recuperou algúns dos efectos subtraídos, mentres que outros, como unha imaxe de pedra da Virxe dos Milagres, varios misais antigos, un manto bordado en ouro da Virxe das Dores ou cálices de prata, non foron aínda localizados. Unha taxación parcial dalgúns dos efectos subtraídos valóraos en 25.000 euros.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...