IniciosociedadeAFA Viveiro atende a 27 enfermos de Alzhéimer da Mariña e asesora...

AFA Viveiro atende a 27 enfermos de Alzhéimer da Mariña e asesora ás súas familias

A Deputación axuda ao colectivo cun plan de estimulación e mantemento cognitivo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Familiares de Alzhéimer (AFA) de Viveiro atende as necesidades ás que se enfrontan diariamente os enfermos que padecen esta enfermidade neurodexenerativa e os seus familiares. Actualmente, hai un total de 27 persoas que se benefician dos servizos da asociación.

A deputada de promoción económica e social da Deputación de Lugo, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro cos usuarios da AFA, nas instalacións que este colectivo dispón na localidade.

A Deputación colabora con este colectivo a través do programa de estimulación e mantemento cognitivo destes doentes.

Esta e outras axudas permiten que as persoas afectadas sexan atendidas por distintos profesionais: traballadores e educadores sociais, terapeutas ocupacionais, fisioterapeutas, psicólogos, expertos en nutrición, no desenvolvemento psicomotor, auxiliares de enfermería, entre outros servicios, que posibilitan a aplicación de técnicas que melloran a vida das persoas afectadas.

En AFA Viveiro contan con persoal e medios especializados cos que desenvolver exercicios de memoria, como a aprendizaxe de regras mnemotécnicas; exercicios de atención visual e auditiva, como sudokus ou labirintos; actividades de cálculo mental; orientación espacial e temporal; e de linguaxe, con xogos de palabras e exercicios de narración.

810.000 DOENTES NO ESTADO

Aínda que non existe un censo oficial de afectados, a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Alzheimer e outras Demencias (CEAFA) calcula que un 13,2% das persoas maiores de 65 anos padece esta doenza o que se traduce en preto de 810.000 pacientes en España.

En Galicia hai preto de 70.500 persoas con Alzhéimer ou algún outro tipo de demencia.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...