InicioCulturaManuel Lourenzo pregoará o Mercado da Primavera, no que actuará Miro Casabella

Manuel Lourenzo pregoará o Mercado da Primavera, no que actuará Miro Casabella

O evento, que organiza o Concello do Valadouro, cumprirá o 22 e 23 de marzo a súa décimo terceira edición

Publicada o

- Advertisement -

O Mercado da Primavera do Valadouro cumprirá o 22 e 23 de marzo a súa décimo terceira edición, cun amplio programa de actividades entre as que destacan o pregón de Manuel Lourenzo ou as actuacións musicais de Miro CasabellaSusana Seivane e Ruxe Ruxe.

Os festexos, que organiza o Concello en colaboración coa Deputación de Lugo, comezarán o venres ás 21.00 horas, co pregón do actor e dramaturgo valadourense Manuel Lourenzo. A continuación, o cantautor do Val Miro Casabella ofrecerá un concerto coa banda de gaitas Dambara.

Completará a xornada o baile en zocas da asociación cultural Amado Lar, a inauguración da exposición ‘Pintores do noso val‘, e un concerto de rock -desde as 23.00 horas- de Cuarta Xusta e Zënzar.

SÁBADO

A xornada festiva do sábado comezará coa segunda edición da xuntanza de automóbiles Clásicos do Val do Ouro.

Ás 11.30 horas comezará un dos momentos estrela do Mercado da Primavera, o desfile de zocos e vestimenta. Escolma de Meus e Dambara amenizarán a sesión vermú.

Pola tarde haberá actividades para nenos e Festicultores Troupe e La Charanga Mekánica porán ritmo á espera dos concertos, desde a medianoite, de Susana Seivane e Ruxe Ruxe.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ademais, haberá outras actividades, como demostracións de oficios, escaparates tradicionais ou ruta de tapeo.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...