IniciosociedadeUn curso axudará á integración dos inmigrantes en Burela

Un curso axudará á integración dos inmigrantes en Burela

Publicada o

- Advertisement -

A Concellería de Inmigración e Cooperación de Burela impulsará un curso formativo para axudar á integración da poboación inmigrante residente na localidade. O obradoiro terá unha duración de 50 horas e será impartido do 7 ao 25 de xuño.

Os interesados en participar nesta actividade, financiada pola Consellería de Política Social e polo Fondo Social Europeo, poden anotarse chamando ao teléfono 982.58.06.09.

OBXECTIVOS

A concelleira de inmigración, Angelica Gómez, explica que se trata “trátase dun curso de coidados básicos para atención a aquelas persoas estranxeiras que queiran aprender nocións básicas sobre as habilidades e competencias necesarias para o benestar infantil, promocionar hábitos e rutinas saudables para os mesmos, así como fomentar relacións socio familiares estables e axeitadas”

Persoas de máis de 40 países diferentes conviven en Burela, segundo os datos que manexa o goberno local.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...