IniciosociedadeRío Covo contará cun novo abastecemento de auga

Río Covo contará cun novo abastecemento de auga

A obra, cun investimento da Xunta de 200.000 euros, mellorará a calidade e presión do servizo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e de Ordenación do Territorio, executa nestes días as obras de mellora do abastecemento de auga na urbanización de Río Covo. O investimento, para a creación dunha nova rede, será duns 200.000 euros.

400 VECIÑOS BENEFICIADOS

Durante os próximos catro meses, os operarios da empresa Hordescon S. L. actuarán a longo de 1.502 metros de tubaxe, o que supón a totalidade da rede da urbanización. O Goberno galego calcula que 400 veciños se beneficiarán desta obra, coa que se mellorará o subministro de auga potable, e a calidade e presión da mesma.

A obra enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre Augas de Galicia e o Concello de Cervo. Ademais da renovación da rede de abastecemento de auga, o acordo inclúe a reposición do pavimentado das rúas e outras melloras, como a modernización de arquetas, puntos de mostraxe e válvulas. O alcalde, Alfonso Villares, e o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, comprobaron as actuacións.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...