IniciosociedadeEsixen que se cubra á pediatra de Xove, de vacacións ata o...

Esixen que se cubra á pediatra de Xove, de vacacións ata o 20 de marzo

O BNG denuncia que só haberá servizo "tres horas á semana" e que as crianzas xovenses deberán desprazarse a Burela para ser atendidas

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro do BNG en Xove Carlos Fernández Louzao criticou este mércores que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) non substitúe a pediatra do centro de saúde xovense, que está de vacacións.

O edil nacionalista denuncia que Xove quedará “ata o 20 de marzo con tres horas de pediatría á semana, os martes”.

Fernández Louzao explica que “os nenos do noso concello que teñan que ser atendidos pola pediatra a causa dunha urxencia ou doenza común, terán que desprazarse ao ambulatorio de Burela. Por se o desprazamento non fora abondo, tamén se contribúe a saturar o servizo de pediatría burelao, pois alí confluirán as crianzas de Cervo”, indica.

O concelleiro do BNG xovense lembra que “Alfoz e Ferreira perderon o servizo de pediatría” e que “á pediatra quédalle pouco para a súa xubilación”, polo que suxire que “parece que o Sergas está agardando o momento para eliminar esta praza en Xove e Cervo”.

INSTA A ACTUAR AO CONCELLO

O edil lamenta que “en calquera outro traballo, a ausencia dunha profesional substitúese con outra, agás nos empregos públicos, os menos importantes para certos gobernos: a saúde, o ensino ou a xustiza”.

Fernández Louzao insta a “actuar” ao goberno municipal do PP, “caladiño coma un peto”.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...