IniciosociedadeA Deputación mellora a vía que comunica Riotorto e Lourenzá

A Deputación mellora a vía que comunica Riotorto e Lourenzá

As obras, con 100.000 euros de gasto, beneficiarán "a 3.500 veciños", segundo o goberno provincial

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo investirá 100.000 euros no arranxo da estrada LU-P-2801, que comunica Riotorto con Lourenzá. Esta vía transcorre cara San Tomé polas localidades de San Adriano, Augaxosa e Mazo.

O presidente do ente provincial, Darío Campos, supervisou as actuacións e explicou que “máis de 3.500 veciños da Mariña, dos concellos de Riotorto e de Lourenzá, benefícianse directamente desta obra, xa que é unha das vías de acceso a estes dous núcleos mariñaos”.

DEMANDA VECIÑAL

Os traballos consistirán na remodelación integral do firme con aglomerado en quente nun treito de dous quilómetros, desde o punto quilométrico 9 ata o 11. Tamén se limparán as cunetas e instalarase unha sinalización horizontal. “Coa rexeneración da LU-P-2801 damos resposta ás demandas dos veciños e contribuímos a mellorar a súa calidade de vida”.

A obra rematará nos vindeiros días e non só mellorará a comunicación entre os dous municipios afectados, senón que se incrementará a seguridade dos usuarios.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...