IniciosociedadePiden máis gardas civís en Barreiros trala nova oleada de roubos

Piden máis gardas civís en Barreiros trala nova oleada de roubos

O sindicato cre que fan falta "o dobre de efectivos" para afrontar os furtos en segundas vivendas e a multiplicación da poboación na época estival

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Profesional Unión de Guardias Civiles de Galicia (UnionGC Galicia) solicitou este xoves o “aumento do persoal no posto da Garda Civil de Barreiros”, que se atopa “sobrecargado” de traballo.

O sindicato expón que o posto barreirense consta de oito efectivos, cun sarxento, un cabo e seis gardas civís. Un persoal que considera “insuficiente” ante a complexidade do servizo no municipio, “cunha poboación flotante que aumenta un 300% en época de vacacións para alcanzar os 10.000 habitantes”.

UnionGC Galicia explica que “a delincuencia despunta” no período estival en Barreiros, unha problemática á que se engade “o alto porcentaxe de segundas vivendas”, nas que ao longo dos últimos anos se produciron varias oleadas de roubos, a última delas este inverno.

Así, Borja Fernández, e Marcelino García, secretario provincial e vogal no Consello da Garda Civil do sindicato, consideran “urxente” o aumento de efectivos, pois os ladróns “están a actuar con liberdade”.

Os sindicalistas, diante do posto da Garda Civil barreirense. AXM

García argumenta que sería necesario “dobrar o número de efectivos” no posto barreirense, “para estar cubertos e poder sacar unha patrulla” e tamén para afrontar ausencias por vacacións ou baixas.

O sindicalista tamén apela a que se dote ao posto “de persoal en prácticas, que debe ser utilizado ao noso xuízo neste tipo de postos costeiros”.

TEMPOS DE REACCIÓN

García advirte de que a escaseza de persoal repercute especialmente nos tempos de reacción.

“Se estamos noutro cometido, en zonas como Ribadeo ou Foz, poden chegar aos trinta minutos, cando o desexable sería que non tardasemos máis de cinco ou dez desde que nos avisan os veciños”. A tardanza dificulta a resolución dos casos, explica.

“FALTA DE MANTEMENTO” DAS INSTALACIÓNS

UnionGC Galicia reclama tamén investimentos no mantemento do posto. “As instalacións presentan un estado exterior bastante deteriorado en canto á pintura e ao estado das ventás”, indica.

O GOBERNO ADMITE CARENCIAS

Desde o Goberno central admiten carencias de persoal que achacan “a sete anos de recortes do Partido Popular”, aínda que non precisan medidas concretas para incrementar os efectivos en Barreiros.

O Executivo resaltou que, nun balace entregado este mesmo xoves, Lugo é a provincia coa mellor taxa de criminalidade de Galicia, con 22,5 infraccións penais por cada mil habitantes.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...