Iniciosociedade(VÍDEO) Foz acollerá o primeiro concursante con síndrome de Down nun campionato...

(VÍDEO) Foz acollerá o primeiro concursante con síndrome de Down nun campionato de baristas profesionais

O vigués Roberto Pereira adestrouse durante seis meses para afrontar probas de hostalería do máis alto nivel

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O vigués Roberto Pereira será o primeiro concursante con síndrome de Down que competirá nun campionato profesional de baristas, concretamente na sétima edición do certame internacional de Foz, que se celebrará este venres.

Durante máis de seis meses, Pereira recibiu o adestramento do barista Marcos González, responsable do control de calidade en Delikia, e contou tamén co apoio de Down Vigo.

Pereira, con González. DOWN VIGO

Neste tempo, instruíuse nas condicións nas que terá que competir en Foz, desde a máquina de café profesional ata o discurso inaugural. Tamén, nas distintas fases das elaboracións ata que a execución do seu exercicio lograse cumprir cos esixentes tempos e requisitos do campionato, informa Down Vigo nun comunicado.

Durante su actuación, Pereira deberá preparar catro expresos, catro capuchinos e catro cócteles sen alcol, todo isto en menos de quince minutos.

Este ano participarán no campionato focego trece escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León, ademais de 14 baristas profesionais do máis alto nivel.

SEGUINTE RETO

Pereira afrontará a súa segunda cita o 16 de maio na sede Afundación de Vigo, que acollerá o Campionato Nacional de Baristas, organizado polo Fórum Cultural do Café.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...