IniciosociedadeUn toque turístico para o cemiterio de Ribadeo

Un toque turístico para o cemiterio de Ribadeo

O Concello editará un folleto informativo sobre as celebridades soterradas no camposanto

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo editará un folleto sobre o cemiterio municipal que incluirá información sobre algunhas das personalidades soterradas no camposanto ribadense. A iniciativa atende a unha petición da veciñanza e dos turistas, segundo asegura o concelleiro responsable desta área, Jorge Díaz Freije.

A publicación recollerá tamén datos sobre a capela e o cemiterio, obra financiada polos irmáns Moreno Ulloa, os emigrantes que construíron a torre que domina o casco vello da localidade.

Díaz Freije sinalou que a “revalorización” do cemiterio é “algo que se fai con estes recintos en moitas vilas e cidades”. “Imos empezar cunha cousa aberta e sinxela, pero creo que interesante, que sirva de homenaxe a quenes se involucraron por Ribadeo e nos deron tanto”.

Os propios irmáns Moreno, trala repatriación das cinzas no 2005, son dúas das personalidades cuxos restos fican no cemiterio. Tamén está soterrado no camposanto ribadense, entre outros, o ex presidente do Goberno central, Leopoldo Calvo-Sotelo.

LIMPEZA

Neste senso, de cara a dar unha boa imaxe a quenes se acheguen a visitar o camposanto, o edil de cemiterios reitera “o chamamento que se fixo para que os propietarios das tumbas, nichos e mausoleos manteñan esta propiedade en boas condicións de conservación e ornato. Non só porque é unha obriga”, sinala, “senón por tratarse da memoria propia e a de todos”.

ÚLTIMAS

Burela realiza melloras na canceira municipal xestionada pola Asociación Bigotes

O Concello de Burela vén de realizar unha serie de melloras na canceira municipal,...

Espectáculo ‘Sentir’ do Mago Rafa no Pastor Díaz de Viveiro

O Teatro Pastor Díaz do Concello de Viveiro acollerá a representación do novo espectáculo...

Viveiro realiza labores de mantemento nas cunetas de Naseiro

A Tenencia de Alcaldía de Viveiro, a través da Concellería de Medio Rural, realizou...

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...