IniciosociedadeA pescada de Celeiro e o bonito de Burela dan sabor ao...

A pescada de Celeiro e o bonito de Burela dan sabor ao Día do Mar en Xantar

A Festa da Pescada de Celeiro levou o premio ao mellor cartel e 50 bureleses apoiaron a degustación de bonito

Publicada o

- Advertisement -

A pescada do pincho de Celeiro e mailo bonito de Burela puxeron sabor á vixésima edición do salón internacional de turismo gastronómico Xantar, que se celebra estes días en Ourense e que congrega a unhas 25.000 persoas.

O Concello de Viveiro contou cun stand propio no que se repartiron 70 quilos de pescada, preparada tanto en salpicón -por O Val do Naseiro– como en empanada, elaborada pola panadería celeirense Jispán. Tamén se deron a probar o postre pan dos apóstolos, que cociñou Mary Carmen e Gabeiras.

POSTRE DE SEMANA SANTA

A expedición viveirense, que acudiu coa intención de promocionar a Festa da Merluza de Celeiro, declarada de interese turístico galego, e a Semana Santa, de interese turístico internacional, topouse cunha boa nova: a festividade gastronómica celeirense levou o premio ao mellor cartel do certame convocado polo salón ourensán.

PRESUME DA CACEA

O Concello de Burela, que tamén tivo un posto propio, ofreceu unha degustación de bonito preparado en diversas receitas e na que participou numeroso público.

“Presumimos de como capturamos nós o peixe, dunha maneira sostible e artesá, e tamén falamos da pescada e doutras especies que se venden na nosa lonxa”, indicou o concelleiro de turismo, Ramiro Fernández Rey.

 

O edil agradeceu a presencia de “50 persoas que quixeron estar hoxe aquí con nós, e que viñeron no autobús que fletamos. Non sabíamos como ía ser a resposta e quedámonos curtos”, asegurou.

A GASTRONOMÍA MOTIVA A “TRES DE CATRO VIAXEIROS”

Burela e Viveiro fixeron coincidir as degustacións co Día do Mar no salón. A Deputación de Lugo tamén estivo presente no encontro.

O deputado de turismo, Eduardo Vidal, resaltou nunha presentación a variedade e calidade das festas gastronómicas da Mariña Lucense; a Feira do Bonito, a Festa do Chícaro, a da Merluza do Pincho de Celeiro, a do Ourizo e Mexión en San Cibrao, a do Polbo de Xove e a do Percebe en Rinlo.

Para valorar a importancia da cita, Vidal subliñou que “tres de cada cadro españois viaxan motivados pola gastronomía.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...