IniciosociedadeCIG-Saúde denuncia que as listas de espera do SERGAS «non coinciden coa...

CIG-Saúde denuncia que as listas de espera do SERGAS «non coinciden coa realidade»

O sindicato tamén denuncia o incremento das derivacións á sanidade privada

Publicada o

- Advertisement -

O xindicato CIG-Saúde alertou publicamente de que os datos oficiais sobre as listas de espera do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) «non coinciden nin de lonxe coa espera real» que sofren os pacientes da Mariña luguesa. A organización sindical sinala que estas demoras son a consecuencia directa das «políticas de recortes do Goberno galego», ás que acusan de deteriorar a sanidade pública para «favorecer os intereses da sanidade privada».

Dende a CIG-Saúde censuran, ademais, o progresivo incremento de derivacións de doentes da comarca cara a centros sanitarios privados situados fóra da Mariña, tanto para intervencións cirúrxicas como para probas diagnósticas. Segundo a central sindical, dende as direccións dependentes da Consellería de Sanidade estase a «normalizar» o envío de pacientes cara aos hospitais Polusa e Virxe dos Ollos Grandes en Lugo, ou cara ao Ribera Juan Cardona de Ferrol.

Situacións límite nas probas endoscópicas

A organización cualifica de «especialmente sangrante» o caso das probas endoscópicas realizadas nestes centros privados de fóra da comarca. Segundo sinalan, recolléronse relatos de pacientes que, debido aos efectos secundarios das preparacións e das propias probas, «tiveron que parar na beiravía» durante a viaxe de volta por indisposicións dixestivas graves.

Por outra banda, o xindicato rexeita que dende a Xunta se pretenda xustificar o aumento do tempo de espera na folga de médicos ou derivar responsabilidades cara ao Goberno do Estado. Lembran que a xestión sanitaria e o control das listas de agarda son competencia «exclusiva» da Consellería de Sanidade.

Para finalizar, a CIG-Saúde instou ao Executivo galego a apostar de xeito decidido pola sanidade pública. Reclaman que o investimento non se limite ao incremento de metros cadrados nas infraestruturas, senón que se dote á comarca de máis servizos sanitarios e de máis profesionais de tódalas categorías para poder solucionar este problema de raíz.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...