InicioMovementos SociaisA Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

Será a partir do 16 de xuño

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia nos distritos sanitarios da Mariña e de Monforte de Lemos.

A Consellería de Sanidade acaba de comezar o envío aleatorio de mensaxes SMS para convidar á poboación da área lucense a participar nun proxecto que busca identificar os xenes relacionados cos cancros de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar.

Segundo informa o Goberno galego nun comunicado, bjetivo é chegar aos 207 participantes nestes dous distritos sanitarios. Os interesados poderán poderán reservar a súa cita a través da aplicación Sergas Móbil.

No caso do hospital público de Monforte de Lemos, as extraccións de sangue realizaranse os días 16 e 17 de xuño de 15,30 a 18,30 horas.

No hospital público de Burela, a toma de mostras terá lugar nas xornadas do 17, 18, 19 de xuño de 15,30 a 18,30 horas, así como o 20 de xuño, sábado, de 9,00 a 12,00 horas.

A primeira e a segunda fase piloto do proxecto permitiron detectar a 28 persoas portadoras de variantes xenéticas de alto risco.

A Xunta inviste 20 millóns de euros no proxecto Xenoma Galicia co obxectivo de recompilar o ADN de 400.000 galegos

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...