IniciosociedadeVegadeo acredítase como Cidade Amiga da Infancia para "loitar contra o despoboamento"

Vegadeo acredítase como Cidade Amiga da Infancia para “loitar contra o despoboamento”

Unicef outorga a distinción aos municipios que sitúan a nenez "no centro da axenda política"

Publicada o

- Advertisement -

Vegadeo recibiu este venres o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia, unha distinción que outorga o Comité Español de Unicef ás administracións locais que “sitúan a infancia e a adolescencia no centro da súa axenda política”.

A ratificación do convenio entre o concello asturiano e a axencia de Nacións Unidas continúa un camiño iniciado coa elaboración do Plan Municipal de Infancia e Adolescencia,  un documento marco para desenvolver actuacións orientadas á protección e promoción dos dos dereitos destes colectivos e fórmulas que faciliten a súa participación política.

CONSELLO MUNICIPAL

Nesta liña, o pasado 29 de xaneiro empezou a configurarse o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia, creado para coordinar as accións a desenvolver.

Nel terán voz representantes do grupo de participación infantil e xuvenil de Oscos-Eo, das asociacións de nais e pais, do centro de saúde, dos centros de educación infantil, primaria e secundaria e das asociacións e entidades que interveñen no ámbito da infancia e da adolescencia no municipo.

Ademais, incluirá representantes de distintas concellerías e dos grupos políticos municipais.

FINANCIAMENTO

O Consello servirá como foro para poñer en común e desenvolver propostas “coherentes e viables” con achegas desde todos os ámbitos.

O goberno municipal comprometeu “unha partida fixa” e “esforzo para buscar vías adicionais de financiamento” para os diferentes proxectos.

“LOITA CONTRA O DESPOBOAMENTO”

Na sinatura do convenio, o alcalde vegadense, César Álvarez, sinalou que a iniciativa trata de involucrar aos máis novos  “no devir do pobo e mellorar a toma de decisións” nese ámbito.

O rexedor espuxo que profundiza tamén na “loita contra poboamento” posto que -defendeu- “suporá unha maior fidelización co territorio” da poboación moza.

AVALICIÓN PERIÓDICA

A Veiga recibiu a distinción de Cidade Amiga da Infancia por catro anos, ata 2022. Cumprido ese prazo, Unicef avalirá o nivel de cumprimento das accións propostas para revalidar ou retirar o recoñecemento outorgado.

O concello vegadense é o cuarto do Occidente asturiano en sumarse a esta iniciativa, despois de El Franco, Coaña ou Navia. En Galicia, adheríronse a esta rede Cabanas, Moeche, Carnota, TeoRedondela, O Porriño, Ourense ou Tomiño.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...