IniciosociedadeCervo recupera o desfile de traxes de liño con encaixe para o...

Cervo recupera o desfile de traxes de liño con encaixe para o Encontro de Palilleiras

O goberno local abre o prazo para anotarse no evento, que se celebrará o 6 de abril

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo abriu o prazo para participar na décimo sexta edición do Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 6 de abril no Pavillón da Veiga, en San Cibrao.

As persoas interesadas en participar no evento, con prazas limitadas, poden anotarse presencialmente na casa da cultura ou ben chamando ao número de teléfono 982.59.51.57.

A concelleira de servizos sociais, Pilar Armada, anunciou que este ano recuperarase “o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento”.

MEDIO MILLEIRO DE PARTICIPANTES

O programa do encontro coñecerase máis adiante. O evento congrega cada edición a arredor de 500 palilleiras que proceden de todos os recunchos de Galicia.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Viveiro anuncia o comezo da Enquisa de Poboación e as Vivendas 2026

O Concello de Viveiro informa de que a Delegación Provincial do Instituto Nacional de...

Mariña Patrimonio e Xebra preparan unha visita guiada a Santo Estevo do Ermo

O centro social Xebra e a asociación Mariña Patrimonio organizan unha visita guiada a Santo...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...