InicioMovementos SociaisSanidade nega "graves deficiencias" en material nos centros de saúde da Mariña

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

Negan, ademais, as acusacións de "manipulación" ou "falsidade nos pedidos"

Publicada o

- Advertisement -

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir a falta de material nos centros de saúde da zona, tal e como denunciou este luns o comité de centros de primaria da área, que aseguraba que existen “graves deficiencias” na subministración de material. Ademais, insisten en que está “garantido” o “normal funcionamento” do sistema de subministracións.

A xerencia aclara que o envío de materisal sanitario realízase “conforme aos consumos reais de cada centro e mediante sistemas informatizados que permiten a rastrexabilidade completa dos pedidos”.

Explican que, desde a Dirección de Recursos Económicos e ou Servizo de Subministracións, o material sanitario envíase “de maneira regular e nas cantidades necesarias, adaptadas aos consumos e tendo en conta o tamaño do servizo, a actividade desenvolvida, a poboación adscrita e as necesidades que poidan xurdir en cada momento”.

“O obxectivo é garantir que todos os servizos e unidades asistenciais dispoñan dos recursos precisos para desenvolver a súa actividade con absoluta normalidade e seguridade”, destacan.

Negan, ademais, as acusacións de “manipulación” ou “falsidade nos pedidos”. “O sistema informático corporativo permite comprobar en todo momento as cantidades solicitadas polos centros e as autorizadas polos órganos competentes, en virtude dos pactos de consumo establecidos con cada unidade e servizo, asegurando a transparencia e a rastrexabilidade completa do proceso”, sinalan.

Con todo, apuntan que iso non exclúe que, “de maneira puntual”, poidan producirse roturas de stock dalgún produto concreto. “Son situacións excepcionais para as que a área sanitaria dispón de mecanismos específicos para restablecer e repor o material con axilidade, garantindo a continuidade asistencial”, defenden.

Sobre isto, detallan que nestes casos actívase a subministración urxente desde outros dispositivos asistenciais ou almacéns dispoñibles, “evitando así que estas incidencias teñan impacto na atención aos pacientes”.

DENUNCIA DO COMITÉ DE CENTROS

Este luns, o Comité de Centros de Atención Primaria da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte emitía un comunicado no que denunciaba “graves deficiencias” na subministración de materiais nos centros de saúde de todo a área.

Segundo explicaban, as deficiencias na subministración afectaban a produtos básicos, “necesarios para o funcionamento diario”, tales como vendas ou, apuntaban, mesmo a materiais “indispensables para garantir a seguridade e cumprir cos protocolos de prevención de infeccións”, tales como luvas estériles e máscaras FFP2.

Denunciaban tamén determinadas prácticas consistentes na remisión de albaranes cos pedidos “manipulados e falseados”. “Sempre se igual nos albaranes as cantidades servidas coas cantidades pedidas polo persoal, reducindo estas ata o número que lles convén enviar e faltando ao respecto aos traballadores que fan solicitudes de material segundo as necesidades asistenciais, censurando e pondo en dúbida o seu rigor e a súa capacidade como profesionais sanitarios”, lamentan.

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...